Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xullo 2026: o máis cálido da historia en Galicia

Xullo 2026: o máis cálido da historia en Galicia

A temperatura media disparouse 3 graos por riba do normal

Malia ser o mes máis cálido, non se bateu ningunha marca de temperatura máxima

G24.gal 10/08/2026 13:47 Última actualización 10/08/2026 14:13

Un xullo de récord e asfixia. Os datos de MeteoGalicia asustan. A temperatura media disparouse 3 graos por riba do normal. O peor escenario sufriuse no interior e nas zonas de montaña onde as alertas por calor foron o pan de cada día, pero tampouco se salvou a costa. E se esa calor apertou, a choiva directamente desapareceu.

Destaca a montaña de Lugo onde se produciron valores máximos diarios inusuais en cotas altas e o interior de Ourense, con xornadas consecutivas superando a barreira dos 40 graos. Nas zonas urbanas, produciuse un notable incremento das chamadas noites tropicais, en que os termómetros non baixaron dos 20 graos. 

Estes datos veñen precedidos dun mes de xuño tamén moi cálido e un agosto que aínda que comezou suave, xa comeza dar mostras de que as temperaturas van ir subindo co paso dos días. 

Os datos poñen en evidencia que os cambios no tempo viñeron para quedar. E que nos deixa un chan en situación de máxima vulnerabilidade para o que queda de verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade