Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destina 56 millóns de euros para mellorar a auga da ría de Pontevedra

A Xunta destina 56 millóns de euros para mellorar a auga da ría de Pontevedra

Alfonso Rueda visitou as obras de saneamento do río Lameira, en Marín, onde se instalou un novo colector fóra do leito do río e se habilitou unha senda peonil

Rueda di que mellorar a calidade da auga é apostar polo sector do mar e o turismo

G24.gal 10/08/2026 14:12

A senda peonil é a parte visible da mellora da contorna do río Lameira, en Marín, pero as obras van máis aló. Inclúen a instalación dun novo colector fóra do leito do río e un tanque que recollerá o caudal en momentos de exceso. O obxectivo é ter menos verteduras e máis espazo para os veciños: "Para poder pasear nunha contorna onde hai un centro de infantil e primaria e un pavillón deportivo, unha zona por onde pasa moita xente", di María Ramallo, alcaldesa de Marín. 

Alfonso Rueda asegura que mellorar a calidade das augas é tamén apostar polo sector do mar e o turismo: "Se aspiramos a ter unha "Galicia Calidade" en medio ambiente estas obras son imprescindibles. Aquí empeza o saneamento das nosas rías, e todo o que vén despois: a xente que vive do mar e as praias que queremos ter en magníficas condicións, e o turismo e todo aquelo do que presumimos".

O saneamento do río Lameira forma parte dun plan conxunto en que o Goberno galego investe 56 millóns de euros, para mellorar a calidade das augas en toda a ría de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade