O verán anima o mercado laboral: búscase persoal para a vendima, a conserva e a hostalaría
O sector da hostalaría demanda persoal cualificado
Neste verán hai "un montón de movemento no mercado", segundo nos contan na empresa de traballo temporal Nortempo. Saben que o verán trae consigo unha oferta de postos especifíca.
Tantas festas e festivais por toda Galicia demandan persoal, para montar e desmontar, pero tamén para postos máis curiosos como cortador de xamón ou testeador de festivais.
Tamén a hostalería máis clásica pide máis man de obra. Segundo Héctor Cañete, presidente da Asociación Provincial de Hostalería da Coruña , "para a temporada de verán sempre fai falta persoal, hai que facer reforzos". Este ano, ademais, o día do eclipse "é un día moi forte", engade.
Entre os profesionais máis buscados están os cociñeiros e os axudantes da cociña. A asociación conta coa súa propia escola de hostalaría, porque o que demandan é "persoal formado, que teña cualificación".
Os que non adoitan tela son os xornaleiros que proximamente recollerán uva na vendima. Este verán adiantouse polo bo tempo. O perfil máis habitual é o do estudante que traballa nas súas vacacións.
René Arias, técnico de selección de persoal de Nortempo, apunta ademais picos noutros sectores como o do pan ou o da conserva, animados polo turismo de temporada.
E de fondo, dinnos, hai perfís que sempre demandan pero que lles custa cubrir. Por exemplo, transportistas ou traballadores da construción.