1.500 quilos de cocaína incautados e unha vintena de detidos, entre eles un garda civil, en Muxía
A presenza policial foi notable en toda a vila, na que se produciron varios rexistros
O dispositivo está vinculado cunha descarga de droga que tería lugar na Praia de Arnela
Máis dunha vintena de persoas foron arrestadas este luns no marco dun gran operativo contra o narcotráfico con epicentro en Muxía, no que foron incautados 1.500 quilos de cocaína.
Un dos arrestados no marco deste operativo, que segue en marcha, é un garda civil, e as actuacións están declaradas secretas.
O operativo está a ser desenvolvido de xeito conxunto por axentes da Garda Civil, de Vixilancia Aduaneira e da Policía Nacional e a causa a leva a Audiencia Nacional.
Descarga de droga na Praia de Arnela
As actuacións, acompañadas do despregamento dun gran dispositivo, están vinculadas cunha descarga de droga que tería lugar na Praia de Arnela.
Tamén se apunta a un tiroteo desde un coche dun gandeiro de Quintáns, que parece que tentou evitar un control e do que mesmo se di que levaría substancias estupefacientes.
Dende a madrugada, e durante toda a mañá deste luns, puidéronse ver patrullas e rexistros en distintos puntos da vila