Cargando resultados...
A afluencia no Camiño Portugués medra un 14 %
No que vai de ano 54.000 peregrinos percorreron esta vía do Camiño a Compostela, a ruta que máis crece
G24.gal
14/07/2026 14:50
A portuguesa é a vía de peregrinación que máis medra, e a tendencia semella non ter parada.
Cada vez son máis os que deciden arrincar en Lisboa, O Porto ou Tui a súa aventura a Compostela. E cada vez chegan desde máis lonxe.
Aínda non chegou o forte, e xa son 54.000 os camiñantes que optaron por esta ruta. E iso nótase nos albergues, sobre todo onde conflúen cos peregrinos do Camiño da Costa, entre A Guarda e Vigo.
A oferta hostaleira foi medrando en paralelo a este boom, pero a maioría reserva con antelación por medo a quedar sen cama.
Moitos xa fixeron outros camiños antes ou recuncan neste, porque a experiencia, aseguran, paga a pena.