Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca o crecemento da Vía da Prata e anima a descubrir este camiño a Santiago

Rueda destaca o crecemento da Vía da Prata e anima a descubrir este camiño a Santiago

O presidente da Xunta está a facer un treito en bicicleta deste camiño, que en agosto rexistrou un 32 % máis de peregrinos que no mesmo mes do 2025

G24.gal 04/09/2026 14:44

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca o bo momento que vive a Vía da Prata, unha ruta “absolutamente recomendable e cun  crecemento moi importante” nos últimos dous anos. O xefe do Goberno galego está a facer un treito en bicicleta para animar a descubrir este Camiño a Compostela, que en agosto rexistrou un 32 % máis de peregrinos que no mesmo mes do 2025.

A poucos meses de que abra a Porta Santa, o Camiño de Santiago segue batendo marcas. Ata agora seláronse máis de 400.000 compostelas, un 7 % máis que o pasado e entre os retos do Xacobeo 2027 está impulsar as rutas menos concorridas, como a Vía da Prata, pola que xa pasaron este ano 7.000 camiñantes, un 3 % máis.

Alfonso Rueda remarca a importancia de seguir impulsando esta ruta "no ano previo ai gran ano" do Xacobeo 2027. "Atravesa lugares fantásticos, cunha gastronomía para disfrutar, con xente acolledora e moito patrimonio. Eu recomendo este Camiño, que aínda está por descubrir para moita xente", afirmou o presidente da Xunta.

A Vía da Prata ou Camiño Mozárabe une Andalucía con Fisterra, atravesando Estremadura. Entra en Galicia pola Mezquita e é a ruta xacobea de maior percorrido pola nosa comunidade. Peregrinar por ela permite coñecer a enorme riqueza natural e etnográfica da provincia de Ourense e da comarca do Deza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade