Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio de Vimianzo-Laxe e controlado o de Ribas de Sil

Extinguido o incendio de Vimianzo-Laxe e controlado o de Ribas de Sil

No de Vimianzo-Laxe arderon máis de 200 hectáreas e no de Ribas de Sil a superficie calcinada supera as 180 

Activo un novo incendio en Brión

Helicópteros participando nos labores de extinción no incendio da Ribeira Sacra. Europa Press Helicópteros participando nos labores de extinción no incendio da Ribeira Sacra. Europa Press
G24.gal 14/07/2026 15:59 Última actualización 14/07/2026 21:30

A Consellería do Medio Rural informou de que ás 14.00 horas deste martes quedou extinguido o incendio forestal rexistrado nos municipios coruñeses de Vimianzo e Laxe, mentres que o de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra lucense, está controlado desde as 19,47.

O incendio de Vimianzo-Laxe formou unha única fronte tras unirse dous lumes iniciados na parroquia de Salto, en Vimianzo, o sábado ás 20:16 horas, e na Nande, en Laxe, ás 21.55 horas dese mesmo día. As lapas, sinala o último balance, queimaron, finalmente. unha superficie total de 228,58 hectáreas.

Nos labores de extinción participaron 4 técnicos, 56 axentes, 69 brigadas, 62 motobombas, 5 escavadoras, 4 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e un avión.

En canto ao incendio da parroquia de Soutordei, en Ribas de Sil, calcinou máis de 180 hectáreas de superficie. O lume comezou ás 18:22 horas do sábado e foi necesario declarar a situación 2 de alerta, como medida preventiva, debido á proximidade do lume ao núcleo de Chenzas. Esa situación operativa quedou desactivada na madrugada do domingo.

Participaron nos traballos de extinción 8 técnicos, 42 axentes, 61 brigadas, 45 motobombas, 4 escavadoras, 9 helicópteros e 8 avións. 

Activo un incendio en Brión

Por outra banda, fontes da Consellería do Medio Rural, informan que outro incendio foi rexistrado na parroquia de Bastavales, en Brión, nas proximidades do municipio limítrofe de Ames.

Equipos de extinción traballan no incendio de Brión Equipos de extinción traballan no incendio de Brión

Segundo os datos do departamento autonómico comezou ás 19,20 horas  da tarde deste martes e está activo. Polo momento descoñécese a cifra de superficie afectada.

Nos labores para apagar as chamas traballa un técnico, catro axentes, dez brigadas, seis motobombas, unha pa, unha unidade técnica de apoio, así como catro helicópteros e dous avións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade