Interceptan un menor de 10 anos pilotando unha moto co seu pai de acompañante en Gondomar
A Garda Civil abriu investigación contra o pai por pemitirlle ao rapaz conducir se ter a idade nin o carné
Garda Civil
A Garda Civil investiga a un home que lle permitiu ao seu fillo de 10 anos de idade conducir unha motocicleta (tipo scooter) de 125 cc na vía pública en Gondomar, levándoo a el como acompañante.
Os feitos ocorreron o pasado 8 de xullo, cando unha dotación do Destacamento de Tráfico do Porriño, que estaba a realizar un servizo de vixilancia na estrada EP-3102, sorprendeu ao neno ao volante da moto, cunha persoa detrás como acompañante.
Tras identificalos, os axentes abriron as correspondentes dilixencias de investigación con respecto ao pai do menor, por permitir ao neno conducir a moto sen ter a idade mínima nin a correspondente autorización, por unha vía pública aberta á circulación.
A Garda Civil lembra que este tipo de condutas supoñen un grave risco para a seguridade viaria, tanto para quen as protagoniza como para o resto de usuarios da vía, especialmente cando afectan a menores de idade, considerados usuarios vulnerables.