Publicador de contidos

Publicador de contidos

A parella de Ayuso avala ante a xuíza a versión de Miguel Ángel Rodríguez

A parella de Ayuso avala ante a xuíza a versión de Miguel Ángel Rodríguez

Alberto González Amador declarou como testemuña na investigaición pola presunta difusión de datos persoais de dous xornalistas 

A parella da presidenta da Comunidade de Madrid, Alberto González Amador, á súa saída dos Xulgados de Plaza de Castilla-Eduardo Parra-Europa Press A parella da presidenta da Comunidade de Madrid, Alberto González Amador, á súa saída dos Xulgados de Plaza de Castilla-Eduardo Parra-Europa Press
G24.gal 30/06/2026 10:31

Alberto González Amador, parella da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, avalou este luns ante a xuíza a versión ofrecida polo xefe de gabinete da dirixente madrileña, Miguel Ángel Rodríguez, na causa que investiga a presunta difusión de datos persoais de dous xornalistas. 

González Amador compareceu como testemuña a petición do PSOE, personado no procedemento, para esclarecer a orixe da información e dunha fotografía dos dous informadores difundidas nun grupo de mensaxería de xornalistas. A declaración prolongouse durante media hora e, á saída dos xulgados, o empresario non respondeu ás preguntas dos medios. 

Segundo sostivo previamente Miguel Ángel Rodríguez, foi González Amador quen lle reenviou a imaxe dos xornalistas, facilitada por un veciño molesto pola súa presenza na zona. A xuíza acordou a comparecencia da parella de Ayuso para aclarar a cadea de trasnmisión desa información. 

A investigación trata de determinar se a difusión dos nomes e da fotografía dos dous xornalistas puido constituír un delito de revelación e segredos e vulnerar o seu dereito á intimidade, Miguel Ángel Rodríuez é o único investigado na causa. 

Na mesma resolución, a maxistrada rexeitou outras dilixencias solicitadas pola acusación, entre elas a análise do teléfono móbil do xefe de gabinete de Ayuso ou o requirimento das súas comunicacións con González Amador, ao considerar que non resultan necesarias para o esclarecemento dos feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade