Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuado ao hospital logo de sufrir problemas para sair do mar na praia de Baroña

Evacuado ao hospital logo de sufrir problemas para sair do mar na praia de Baroña

Fora arrastrado pola corrente, pero logrou sair da auga impulsado por un golpe de mar

Imaxe de arquivo da praia de Baroña (TVG) Imaxe de arquivo da praia de Baroña (TVG)
G24.gal 11/06/2026 20:17

Un home tivo que ser evacuado ao Hospital do Barbanza despois de ser arrastrado pola corrente na praia de O Dique, en Baroña (O Porto do Son).

Segundo informa o 112, sobre as 18 horas recibiu a chamada dun particular alertando de que un home estaba a ser arrastrado, polo que se solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Pouco despois, a través doutra chamada informouse de que a persoa conseguira saír impulsada por un golpe de mar e que xa había xente auxiliándoa.

Os alertantes confirmaron que precisaba asistencia sanitaria, tras o que o implicado foi trasladado ao hospital. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade