Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queda en liberdade con cargos o cantante Beret, detido por unha suposta agresión sexual

Queda en liberdade con cargos o cantante Beret, detido por unha suposta agresión sexual

O maxistrado impuxo como medidas cautelares a prohibición de comunicarse coa denunciante e de aproximarse a ela a menos de 500 metros, así como a retirada do seu pasaporte

Ricardo Rubio-Europa Press-Arquivo Ricardo Rubio-Europa Press-Arquivo
G24.gal 11/06/2026 20:05

O cantante sevillano Francisco Javier Álvarez Beret, coñecido artisticamente como Beret, foi detido este xoves en Sevilla pola Policía Nacional por unha suposta agresión sexual.

Segundo confirmaron fontes próximas ao caso a Europa Press, o artista, que o pasado sábado actuou na vixilia celebrada na Praza de Lima en Madrid á espera do Papa León XIV,.

Polo momento, non transcenderon máis detalles sobre os feitos que afectan o cantante, que comezou a súa carreira publicando cancións en plataformas dixitais en 2013.

Logo de prestar declaración no xulgado número 4 de Sevilla quedou en liberdade provisional. Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía a Europa Press, o maxistrado impuxo como medidas cautelares a prohibición de comunicarse coa denunciante e de aproximarse a ela a menos de 500 metros, así como a retirada do seu pasaporte durante un período de tres meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade