En liberdade, con retirada de licenza, o condutor de VTC detido na Coruña por agresión sexual a unha menor
En liberdade, con retirada de licenza, o condutor de VTC detido na Coruña por agresión sexual a unha menor
Durante o traxecto a moza foi vítima de tocamentos e o arrestado chegoulle a lamber a orella, segundo fontes da investigación
Arquivo
O condutor dunha empresa de VTC que opera na cidade da Coruña detido por presunta agresión sexual a unha menor está en liberdade con retirada provisional da licenza.
Así informaron, consultados por Europa Press, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Tras a súa detención o sábado pasado, pasou o domingo ao dispor da maxistrada da praza 1 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia da Coruña, en funcións de garda.
Fiscalía non solicitou prisión e a maxistrada decretou a súa posta en liberdade e, como medida cautelar, impúxoselle a retirada provisional da licenza. Está investigado por un delito de agresión sexual a menor.
O suceso produciuse na madrugada do sábado cando, segundo outras fontes próximas ao caso, a moza ía acompañada por outras persoas, sentada no asento dianteiro.
Durante o traxecto, recibiu tocamentos e tamén lle chegou a lamber a orella, precisaron en relación ao sucedido. Xa despois de chegar a destino foi cando se deu aviso á Policía Nacional, que procedeu ao arresto do home.