Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedras na estrada para evitar aparcamentos indebidos en Cangas

Pedras na estrada para evitar aparcamentos indebidos en Cangas

O municipio prepárase para acoller os milleiros de visitantes que cada verán acoden ás súas praias

O problema é a invasión de vehículos que traen canda eles e que en moitos casos aparcan de forma descontrolada

O Concello quere garantir a seguridade e está a instalar pedras á beira das estradas para evitar coches mal aparcados

G24.gal 05/06/2026 21:30

Nos días de sol do verán, as estradas que dan acceso ás praias de Cangas énchense de coches. O problema é que en moitas ocasións quedan mal aparcados, nas dúas beiras, dificultando o paso de ambulancias ou servizos de emerxencias. Para evitalo, o concello de Cangas instala pedras á beira das estradas.

Moitas veces a sinalización non chega para evitar que os coches queden aparcados onde non deben, mesmo ás portas das casas. O sistema de colocar pedras para evitar os abusos cos coches e mesmo coas autocaravanas non convence a todos, se ben a maioría recoñece que existe un problema

Desta vez, as pedras son ben grandes para evitar que as movan para facer oco e crear un aparcadoiro onde non se pode.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade