Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home tras ser rescatado da auga na praia de Sobrán en Vilaxoán

Falece un home tras ser rescatado da auga na praia de Sobrán en Vilaxoán

Un particular deu aviso aos servizos de emerxencia que xa non puideron facer nada por salvarlle a vida

Imaxe de arquivo da praia de Vilaxoán Imaxe de arquivo da praia de Vilaxoán
G24.gal 25/07/2026 22:25

Unha persoa faleceu tras ser rescatada da auga no concello de Vilagarcía. O suceso ocorreu na praia de Vilaxoán, na parroquia de Sobrán.

Foi un particular quen contactou co 112 Galicia ás 20:40 horas para alertar de que varias persoas acababan de sacar da auga a un home que presentaba síntomas de afogamento.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Así mesmo, tamén foron alertados a Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía de Arousa.

Malia os esforzos realizados polos equipos de emerxencia, finalmente non foi posible salvar a vida da persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade