Un veciño de Verea morre atrapado nun burato do faiado da súa casa
O home estaba nun lugar de difícil acceso, a unha altura de máis de 6 metros
O falecido, duns 70 anos, quedou atrapado ao caerlle enriba un montacargas artesanal, que empregaba para mover leña
O falecido, un home duns 70 anos, quedou atrapado no burato do faiado da sua vivenda, situada no lugar de Ceixo, no concello ourensan de Verea.
O 112 recibiu unha chamada de alerta arredor das 20:45 da tarde do venres. Ata o lugar desprázaronse nun primeiro momento efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias.
O home estaba nun lugar de difícil acceso, a unha altura de máis de 6 metros, e por iso solicitaron a axuda dos bombeiros. O falecido quedou atrapado ao caerlle enriba un montacargas artesanal, que empregaba para mover leña.
No operativo de rescate participaron cinco bombeiros da Mancomunidade de Celanova, así como efectivos de Protección Civil e da Garda Civil.
🔴 #AXEGAInforma do rescate do corpo dunha persoa falecida en Verea.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 25, 2026
📍 Lugar de Cexo, na OU-0207, á altura do quilómetro 7.
➡️ O home quedara atrapado nun lugar de difícil acceso no interior dunha vivenda.
🔗 https://t.co/SUH0aWWXIb pic.twitter.com/nR1F3fFUWn