Publicador de contidos

Publicador de contidos

Música, gastronomía e experiencias únicas no Festival Dezaseteº Ribeira Sacra

Música, gastronomía e experiencias únicas no Festival Dezaseteº Ribeira Sacra

The Divine Comedy, Sidonie, Baiuca ou Anni B Sweet son algúns dos concertos que teñen como escanario unha paisaxe única

A programación, que se alongará ata este domingo, tamén inclúe rutas, visitas a adegas, artesanía e percorridos en catamarán con música e desgustación a bordo

G24.gal 25/07/2026 20:55

Subimos ao catamarán no embarcadoiro da Abeleda para percorrer o canón do Sil. A bordo, o chef Rafa Centeno, a primeira Estrela Michelín da provincia de Lugo, emprata os petiscos que permitirán saborear a Ribeira Sacra durante a viaxe.

Creacións inspiradas neste territorio e elaboradas con produtos da zona. Comeza o percorrido e a cantante Anni B Sweet é a encargada de pórlle música a unha paisaxe que non deixa indiferente a ninguén. Unha experiencia única para afondar na singularidade deste territorio cos cinco sentidos.

É unha das actividades que ofrece o Festival Dezaseteº Ribeira Sacra na súa décima edición. Un evento que naceu, como seu propio nome indica, para pór en valor todo o que agochan estas ladeiras inclinadas onde pervive a viticultura heroica.

Os concertos comparten protagonismo coa gastranomía, as catas, as visitas a adegas ou ao patrimonio da zona e a artesanía. Propostas que se fusionan coa paisaxe para converterse en altofalantes da identidade dun territorio que opta a Patrimonio da Huminidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade