Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home mata a súa parella en Málaga e logo suicídase

Un home mata a súa parella en Málaga e logo suicídase

A vítima, de 51 anos, foi atopada morta por arma de fogo nunha vivenda da barriada de La Palma 

A muller non estaba inscrita no sistema de VioGén e o caso está a ser investigado como violencia machista 

G24.gal 05/06/2026 09:34 Última actualización 05/06/2026 12:26

Un home de 56 anos matou presuntamente a súa parella, unha muller de 51, nunha vivenda de Málaga antes de suicidarse, nun novo caso de violencia machista, segundo informaron a EFE fontes próximas á investigaicón. 

Os cadáveres de ambas persoas atopáronse con feridas de armas de fogo na primeira hora de este venres nun domicilio da rúa en Guadalimar, na barriada de La Palma, na zona norte da cidade. 

O achado produciuse sobre as 7:30 horas, despois de que un cidadán alertara o servizo de emerxencias 112 da posible presenza de dúas persoas falecidas no interior do inmoble. Ata o lugar dos feitos trasladáronse efectivos da Policía Nacional e do 061, cuxos sanitarios confirmaron ambas mortes. 

O Grupo de Homicidios da Comisaría Provincial de Málaga fíxose cargo da investigación para esclarecer todos os extremos do suceso.

Poucas horas despois do suceso, a Policía Nacional confirmou que se trata dun caso de violencia de xénero. Segundo as fontes consultadas, nin a vítima nin o presunto agresor estaban inscritos no sistema VioGén de seguimento dos casso de violencia machista. 

O subdelegado do Goberno de Málaga, Javier Salas, expresou a súa condena ante esta "grande eiva" e trasladou as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas á vítima.

A Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno está a recompilar informaicón para remitila á Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, que deberá confirmar oficialmente a natureza machista do crime. 

De confirmarse, trataríase da vítima mortal número 24 da violencia de xénero en España no que vai de ano e da úmero 1.365 desde que comezaron a contabilizarse os homicidios en 2003. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade