Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medo e preocupación pola expansión da alga asiática nas rías galegas

Medo e preocupación pola expansión da alga asiática nas rías galegas

Os profesionais advirten do impacto da especie invasora na pesca artesanal e reclaman medidas urxentes para frear a súa propagación 

G24.gal 11/06/2026 11:15 Última actualización 11/06/2026 11:58

A presenza da alga invasora asiática Rugulopteryx okamurae preocupa cada vez máis o sector pesqueiro galego. Os mariñeiros denuncian que se adhire ás redes e aos aparellos como se fose cola, dificultando o seu traballo diario e reducindo as capturas. 

"No sur están falando que precisan dun día enteiro de traballo para limpar os aparellos afctados por esa alga, e aquí temos horas", conta Sheila Chantada, portavoz e ANARME Arousa. 

O sector considera inviables algunhas das medidas propostas para evitar a súa propagación, como manter os aparellos de pesca en terra durante 48 horas tras a súa limpeza. Os profesionais advirten de que esta recomendación complicaría aínda máis a actividade diaria das embarcacións. 

A especie forma masas moi densas que alteran os ecosistemas mariños e afectan a actividade das embarcacións de artes menores. O sector teme ademais que a súa expansión poida ter consecuencias sobre os bancos marisqueiros. 

"O traballo de baleirar esas algas e quitalas das redes é que non traes pesca, e o gasto é o mesmo", afirma Benito Eiravella, portavoz de ANARME Pontevedra. 

Investigadores da Universidade de Santiago levan anos estudando a expansión desta alga en distintos puntos do litoral galego, desde Ribadeo ata a A Guarda. Con todo, o seu avance continúa e xa teñen rexistrado casos de irritacións e reaccións alérxicas polo contacto coa especie. 

Rerpesentantes da Asocaición Nacional de Artes Menores solicitarán unha reunión coa Consellería do Mar para analizar a situación e reclamar medidas urxentes que permitan facer fronte ao avance desta alga invasora. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade