Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un operario sofre a amputación dunha man mentres traballaba nunha planta de compostaxe en Leiro

Un operario sofre a amputación dunha man mentres traballaba nunha planta de compostaxe en Leiro

O home foi trasladado ao hospital no helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense

G24.gal 02/06/2026 19:58

Un traballador tivo que ser evacuado de urxencia na tarde deste martes tras sufrir a amputación dunha man mentres traballaba nunha planta de compostaxe situada no municipio ourensán de Leiro.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso rexistrouse pouco antes das 17.00 horas na parroquia de Lamas, onde o operario cortou a man cunha cadea mentres realizaba as súas tarefas.

O 112 avisou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Unha vez no punto, o persoal sanitario asistiu a vítima, que foi trasladada a bordo da aeronave.

No dispositivo de emerxencias tamén participaron efectivos do GES de Avión e axentes da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade