Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan o corpo sen vida do mozo que caeu ao Miño en Carballedo a finais de marzo

Atopan o corpo sen vida do mozo que caeu ao Miño en Carballedo a finais de marzo

O cadáver estaba a uns 300 metros da presa dos Peares, río arriba

Buscan un mozo que caeu ao Miño tras envorcar o seu caiac en Carballedo

G24.gal 22/04/2026 17:47

Especialistas do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil recuperaron este mércores o corpo do mozo que caeu ao Miño o pasado 30 de marzo.

O rapaz ía en caiac co seu primo cando caeu á auga á altura de Carballedo, moi preto do encoro dos Peares. O seu acompañante lograra nadar ata a beira e pedir auxilio.

Un dron de AXEGA avistou este mércores o cadáver a uns 360 metros da presa, río arriba, na marxe contraria do lugar en que no seu día foi atopada a embarcación.

Desde o 112 Galicia activárase un operativo e mobilizouse o 061, Garda Civil, e bombeiros de concellos da contorna. Ademais, sumouse á procura un dron e cámara térmica dos bombeiros de Ourense.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade