Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un mozo que caeu ao Miño tras envorcar o seu caiac en Carballedo

Buscan un mozo que caeu ao Miño tras envorcar o seu caiac en Carballedo

Canda o desaparecido ía outro rapaz, un curmán, que conseguiu chegar a terra e pedir auxilio

Un helicóptero da Garda Civil localizou o caiac

Un amplo dispositivo busca o mozo con embarcacións e medios aéreos e terrestres
G24.gal 30/03/2026 19:19

Buscan un mozo no río Miño logo de caer á auga tras envorcar o caiac en que viaxaba canda outro rapaz, que logrou chegar a terra e pedir auxilio. Foi un particular o que contactou co 112 Galicia para indicar que un rapaz lle comunicara que tivera un accidente cun caiac, no cal viaxaba co seu primo. Dixo que o perdera de vista logo de envorcar preto do encoro dos Peares, na Carballeira, A Cova, no concello lucense de Carballedo.

 

Con estes datos, desde o 112 Galicia activouse un operativo e mobilizouse o 061, Garda Civil, e bombeiros de concellos da contorna. Ademais, súmase á procura un dron e cámara térmica dos bombeiros de Ourense.  

Segundo a información recibida pola Garda Civil, os mozos saíron co caiac do embarcadoiro dos Peares, subiron ao río e cando volvían tiveron o accidente.

Os Bombeiros de Chantada, unha vez no punto, comunicaron as dificultades que presenta o terreo, que é impracticable dende terra, a orografía é moi pendente e arriscada, polo que só ven viable o uso de medios acuáticos e aéreos para a busca e rescate.

Polo momento, un helicóptero da Garda Civil, que se sumou á busca, localizou o caiac. Os medios acuáticos continuaban a última hora da tarde buscando ao mozo.

Ademais, persoal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias foi informado por se fose necesario intervir para atender os familiares do desaparecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade