Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oito persoas feridas, entre elas un bebé, na colisión de catro coches en Mos

Oito persoas feridas, entre elas un bebé, na colisión de catro coches en Mos

Dous coches bateron por alcance e os outros dous en cadea na A-55 que une Vigo con Tui

G24.gal 08/11/2026 10:01 Última actualización 08/11/2026 10:31

Oito persoas, sete adultas e un bebé, quedaron feridas tras a colisión de catro vehículos na A-55, á altura do concello de Mos. Todas foron trasladadas a distintos centros hospitalarios.

O accidente múltiple ocorreu pasadas as 23:00 horas no quilómetro 9 da autovía que une Vigo con Tui, en dirección ao Porriño. Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico e o GES local.

Segundo informa o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Mos, dous coches bateron por alcance e os outros dous en cadea.

Un pouco máis tarde, contra a medianoite, un turismo envorcou en Castro Caldelas, no quilómetro 45 da OU-536. O condutor quedou atrapado e tivo que ser excarcerado. Despois, o ferido foi trasladado a un hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade