O anuncio da lotería do Nadal anima a mercar décimos en novembro
O novo vídeo pon o foco na emoción das segundas oportunidades e en deixarse guiar polas corazonadas
Moitos toman a emisión do anuncio como unha contra atrás para escoller que números xogar
Esta semana emitíase o novo anuncio promocional da lotería de Nadal. Un emotivo vídeo, típico nestas datas, que algúns entenden como un sinal para escoller xa con que número xogar.
Para moitas persoas é unha tradición imperdible e para as que nos visitan nestas datas, un recordo diferente.
"Merquei bastante para levar para Bilbao, porque canto antes o fagas, mellor. Teño moitos décimos para cambiar e mellor facelo un mes antes que uns días antes".
Hai quen prefire ir con tempo. Non só por elixir os seus números favoritos, senón tamén por pensar con quen compartir o que pode ser un bonito agasallo.
"Hai algúns números que igual remantan no ano no que naceu un ser querido, por exemplo, entón mércalos por iso".
Este ano o anuncio vai diso, das corazonadas e das intuicións. Con ou sen elas, hai moitos que non perden a ilusión por manter esta tradición e a esperanza porque a sorte chegue ese día.
"É unha tradición bonita, si. Hai que comprala, porque se non se compra nunca saberemos se gañamos ou non".