Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural autoriza as queimas agrícolas a particulares desde este sábado

Medio Rural autoriza as queimas agrícolas a particulares desde este sábado

Antes deberán presentar a solicitude este xoves a través da páxina web específica ou chamando ao 012

Retómanse tamén as autorizacións para realizar queimas de restos forestais amontoados

Arquivo Arquivo
G24.gal 22/04/2026 16:21

A Consellería do Medio Rural reactiva este xoves, 23 de abril, as comunicacións para que particulares realicen queimas agrícolas, así como as solicitudes de autorización para as queimas de restos forestais amontoados.

A Xunta explica nun comunicado que, no caso das queimas agrícolas, os que soliciten un novo permiso este xoves, poderán realizar a queima a partir deste sábado.

As comunicacións poderán realizarse a través da páxina web específica ou chamando ao 012.

Os cidadáns deberán confirmar se se trata dunha queima de restos agrícolas procedentes de explotación. Se o trámite é realizado a través do 012 tamén deberán informar desta circunstancia.

Así mesmo, a partir deste xoves retomaranse as solicitudes de autorización para realizar queimas de restos forestais amontoados. Os particulares deben ter autorización administrativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade