A Xunta suspende as queimas agrícolas e forestais de particulares desde este mércores
A medida é temporal e ata novo aviso ante o risco de lumes
Queima forestal. Arquivo.
A Consellería do Medio Rural adoptou, como medida preventiva, a suspensión temporal, desde este mércores e ata novo aviso, das queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares.
Quedan excluídas as queimas prescritas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF), que están planificadas e dispoñen dos medios de extinción precisos.
Pídese a colaboración cidadá para extremar as precaucións
Esta medida adoptouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. A Xunta pide colaboración á cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade incendiaria da que teña coñecemento.
Medio Rural lembra ademáis que hai un número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal.