Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta suspende desde este vernes as queimas agrícolas e forestais de particulares

A Xunta suspende desde este vernes as queimas agrícolas e forestais de particulares

A suba das temperaturas motivan un incremento das medidas de prevención contra os incendios forestais

Arquivo Arquivo
G24.gal 27/05/2026 13:12

A Consellería do Medio Rural adoptou, como medida preventiva ante o incremento das temperaturas, a suspensión temporal -desde este venres e ata novo aviso- das queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Polo tanto, non se autorizarán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir deste venres.

En concreto, a medida adoptouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de incendio. Ademais, tívose en conta que a normativa establece a suspensión das queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

Así mesmo, a Xunta apela á colaboración da cidadanía para que "extreme as precaucións" e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde o venres e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal por parte dos particulares.

A maiores, a Consellería do Medio Rural lembra nunha nota de prensa que está disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade