Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desactivan o nivel 2 no incendio de Ponteareas e estabilizan o de Carballo

Desactivan o nivel 2 no incendio de Ponteareas e estabilizan o de Carballo

Os da Laracha e Carballo suman 150 hectáreas queimadas

No do monte Galleiro arderon 400 hectáreas

Lume no monte Galleiro, Ponteareas. EFE/Sxenick. Lume no monte Galleiro, Ponteareas. EFE/Sxenick.
G24.gal 06/04/2026 17:05 Última actualización 06/04/2026 23:52

​​​​​​Dous incendios forestais chegaron a poñer en perigo vivendas desde esta tarde de luns en Galicia: no concello pontevedrés de Ponteareas e nos coruñeses da Laracha e Carballo.

Os efectivos de loita contra o lume conseguiron que se desactivara o nivel 2 en Ponteareas, pero as lapas arrasaron 400 hectáreas.

O de Ponteareas conseguiron estabilizalo despois de que queimara 150 hectáreas.

En total, foron 550 hectáreas as afectadas polo lume.

No monte Galleiro

O incendio forestal no monte Galleiro, en Ponteareas, afectou a parroquia de Ribadetea. Comezou ás 14:47 horas, con máis de 400 hectáreas arrasadas polo momento. No lugar traballaron tres avións, dous helicópteros, 15 brigadas, sete motobombas, 10 axentes, unha pa e un técnico. Medio Rural chegou a decretar o nivel 2 de alerta pola súa proximidade ao núcleo do Galleiro, no municipio de Pazos de Borbén. Porén, agora xa non supón un perigo para as casas

Segundo explicou a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, nun primeiro momento pensouse que a orixe do lume estaba no incendio dun tractor. Pero posteriormente Castro precisou que esta causa aínda non está confirmada. Fontes de Medio Rural pronunciáronse no mesmo sentido, asegurando que a investigación segue aberta.

As lapas obrigaron a desaloxar por precaución a un veciño con mobilidade reducida no lugar de Mouro. 

Os da Laracha e Carballo uníronse nun só que xa está estabilizado

Mentres, os incendios no concello de Carballo, na parroquia de Noicela, e na Laracha, en Caión, uníronse nun só.

O primeiro comezou ás 14:20 horas e o segundo iniciouse ás 13:21 horas. O lume obrigou a desaloxar tamén vivendas pero arestora está estabilizado. As súas lapas calcinaron 150 hectáreas.

Lume no municipio de Carballo. TVG Lume no municipio de Carballo. TVG

O incendio forestal orixinado na parroquia de Noicela, no municipio coruñés de Carballo, motivou o desaloxo de forma preventiva de 13 veciños de cinco casas de Caión, na Laracha, aínda que non foi necesario activar a situación 2 por parte da Consellería do Medio Rural.

A medida que a situación foi mellorando, tal e como indicou o rexedor, José Manuel López, puideron volver aos seus fogares sen que se lamentasen danos privados nin materiais.

Pola súa banda, o concelleiro delegado de Medio Ambiente de Carballo, Miguel Vales, detallou que o incendio, que se iniciou na parroquia de Noicela avanzou cara aos lugares de Leira e Carballedo, onde maquinaria da Xunta traballou para evitar que as chamas chegasen ás vivendas.

Deste xeito, finalmente non foi necesario desaloxar vivendas nas parroquias de Carballo, nin tampouco o cámping As Névedas, a pesar da preocupación inicial.

Na súa extención mobilizáronse sete axentes, 12 brigadas, 10 motobombas, unha pa, dous técnicos, tres unidades técnicas de apoio, tres helicópteros e catro avións.

As primeiras hipóteses apuntan a que o incendio rexistrado en Noicela puido orixinarse nunha queima agrícola.

Incendios controlados en Vigo e Ferrol 

Mentres, está controlado desde as 15:39 horas desta tarde, comezou ás 14:19 horas, un incendio en Vigo, parroquia de Lavadores. Afecta 0,2 hectáreas de monte raso.

Tamén está controlado un lume no monte do Chamorro, no municipio de Ferrol. Traballaron cinco efectivos de bombeiros do parque ferrolán, así como unha brigada e un motobomba.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade