Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 50% dos vehículos tácticos do Exército español están feitos en Galicia

O 50% dos vehículos tácticos do Exército español están feitos en Galicia

A empresa Urovesa é contratista de Defensa desde 1964 e desde 1998 subministra os VAMTAC

G24.gal 30/05/2026 10:35

Tanques, blindados e camións reclaman tamén a nosa atención nesta exhibición da capacidade das Forzas Armadas.

Pois reparen neste dato: o 50% dos vehículos tácticos do Exército español están feitos en Galicia. Levan o URO como insignia de máis de 42 anos de tradición industrial en Galicia, ligada á industria da defensa pero tamén á Protección Civil.

Polo menos 500 unidades levan a insignia do URO no Exército español. Coa mesma plataforma, a VAMTAC, made in Galicia, que desde 1998 ten nutrido con 60 versións adaptadas o Exército de Terra, a Infantería de Mariña e o Exército do Aire.

"É tradicional que os nosos vehículos desfilen, porque o noso é o vehículo táctico máis usado nas forzas armadas. O 50% dos vehículos que forman parte das forzas armadas están sobre VAMTAC, son VAMTAC", declara Justo Sierra, o CEO de Urovesa

Este mesmo ano, UROVESA entregará os dous primeiros prototipos da versión máis evolucionada: o VERT.

"É unha versión moi sofisticada do VAMTAC. Son practicamente unidades de intelixencia que van permitir o envío en tempo real de información relevante sobre un contorno que pode ser moi complexo para que se tomen decisións de alto mando"

O lanzamento dos VERT é só un dos desafíos dunha empresa que ten clientes en 30 países dos 5 continentes, e que vai ser crucial na nova estratexia europea de defensa.

"Europa entendeu que tiña que reforzar a súas propias capacidades de defensa desde unha perspectiva de soberanía tecnolóxica"

O fondos Safe da Unión Europea destinan 150.000 millóns de euros a mellorar as capacidades militares dos estados.

"Un incentivo para que os países fagan compras conxuntas e que pode axudar a que a industria de defensa en Europa, que estaba moi fragmentada, sen consolide"

UROVESA prevé no curto prazo duplicar capacidade industrial e cadro de persoal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade