Publicador de contidos

Publicador de contidos

Expectación en Vigo no día previo ao desfile das Forzas Armadas

Expectación en Vigo no día previo ao desfile das Forzas Armadas

É a primeira vez que se celebra en Vigo e a primeira vez que dona Leonor estará presente

G24.gal 29/05/2026 14:03

Logo das tres da tarde comezará a revista naval e a exhibición naval en Samil previa á celebración mañá do desfile das Forzas Armadas que acollerá Vigo o sábado ás doce da mañá.

Na cidade existe bastante expectación e son moitos os que visitan a exposición estática na zona das avenidas onde se poden ver coches antiminas, carros de combate, robots de desactivación de bombas .

Máis de catro mil militares dos tres exércitos estarán en Vigo, tamén a UME e unha representación da Garda Civil.

Na Revista Naval veránse 8 embarcacións: 6 da Armada e dúas da Garda Civil.

O gran día da celebración será mañá desde as doce, un fito histórico inédito en Vigo onde nunca se celebrou e tamén será en Vigo onde por vez primeira a Princesa Leonor participe nesta celebración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade