Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas van ata Samil para seren testemuñas dun desfile inédito

Milleiros de persoas van ata Samil para seren testemuñas dun desfile inédito

As motivacións foron moi diversas, pero a maioría coincidiu na mágoa de non poder gozar da exhibición aérea

G24.gal 30/05/2026 17:10 Última actualización 30/05/2026 17:36

Milleiros de persoas desprazáronse ata a contorna da praia de Samil para seguir de preto o desfile do Día das Forzas Armadas, que por primeira vez se celebrou na cidade de Vigo.

Moita xente acudiu á zona horas antes para garantir un sitio na primeira fila. O goteo comezou sobre as oito da mañá ao longo de todo o quilómetro e medio de percorrido.

En autobús ou a pé, foron chegando para seren testemuñas dun día inédito. As motivacións da súa presenza neste acto resultaron diversas. Falaron de orgullo, agradecemento, curiosidade...

No que coincidiu a maioría, iso si, foi na mágoa de non poder gozar da exhibición aérea. Por mor das nubes, quedaron coa morriña de mirar cara ao ceo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade