Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un grande incendio nun edificio obriga a rescatar varias persoas en Ourense

Un grande incendio nun edificio obriga a rescatar varias persoas en Ourense

O inmoble, situado no barrio da Ponte, estaba presuntamente ocupado

G24.gal 30/05/2026 11:13

Tres persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital afectadas de carácter leve tras un incendio que queimou por completo un edificio situado na rúa Vicente Risco, en Ourense. Ademais, segundo confirmou Urxencias Sanitarias de Galicia, outras dúas persoas foron atendidas no propio lugar dos feitos.

O inmoble, situado na rúa Basilio Álvarez, no barrio da Ponte, estaba presuntamente ocupado, segundo declaracións dos veciños.

Os servizos de emerxencias rescataron varias persoas, entre elas unha muller de avanzada idade.

Polo momento se descoñece a orixe do lume.

Unha gran fumareda podíase ver dende varios puntos da cidade. As lapas que se iniciaron ao redor das 11 da mañá provocaron a despregadura dun gran amplo dispositivo dos servizos de emerxencias.

Os servizos de extinción continúan traballando na zona e, segundo as primeiras informacións, o incendio afectou por completo ao edificio.

No operativo participan, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ourense e os axentes da Policía Nacional e Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade