Cargando resultados...
Falece un motorista ao bater contra un coche no concello de Arbo
O accidente ocorreu no quilómetro 20 da estrada PO-400, no cruzamento coa Cañiza
O choque foi na estrada PO-400 que une Arbo e Crecente
G24.gal
30/05/2026 11:57
Última actualización 30/05/2026 13:32
Un motorista faleceu este sábado nun accidente de tráfico ocorrido no concello de Arbo. Segundo informa o 112, un particular avisou do sinistro sobre as 11:00 horas.
Por razóns aínda sen determinar, o falecido bateu contra un coche, no que viaxaban dúas persoas que en principio non están feridas, na estrada PO-400. Ocorreu á altura do quilómetro 20, no cruzamento coa Cañiza.
O equipo médico do 061 que se desprazou ata o lugar confirmou a morte do motorista. No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.