Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha condutora de 66 anos nun choque frontal en San Cristovo de Cea que deixa tamén un ferido moi grave

Morre unha condutora de 66 anos nun choque frontal en San Cristovo de Cea que deixa tamén un ferido moi grave

A vítima mortal e o ferido grave, que foi trasladado o CHUO, tiveron que ser liberados do interior dos vehículos polos bombeiros

 

Estado no que quedou un dos vehículos. TVG Estado no que quedou un dos vehículos. TVG
G24.gal 28/05/2026 15:17 Última actualización 28/05/2026 16:48

Un sinistro rexistrado esta tarde na estrada comarcal OU-504, que comunica Ribadavia con San Cristovo de Cea, deixa unha muller de 66 anos morta, veciña de Cea, e un ferido moi grave de 46, que tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

A muller conducía un dos vehículos e o home, presunto responsable do accidente segundo a Garda Civil, o outro. Os turismos bateron frontalmente.

Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse ás 13:20 horas, á altura do quilómetro 22 da estrada ao seu paso por Cea, na provincia de Ourense.

O centro de emerxencias do 112 Galicia informou que dúas persoas tiveron que ser excarceradas no accidente, que tivo lugar á altura de Seoane de Arcos. Varios particulares avisaron de que había coches envorcados.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Carballiño, así como persoal de emerxencias sanitarias co helicóptero medicalizado. O centro de emerxencias alertou tamén a Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e aos servizos de mantemento de estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade