Un evacuado nun accidente entre dous camións e un turismo en Melide
Os bombeiros tiveron que liberar unha persoa que se atopaba atrapada nun dos vehículos e que tivo que ser evacuada a un centro hospitalario en helicóptero
Unha persoa tivo que ser evacuada este xoves en helicóptero tras quedar ferida nun accidente entre dous camiones e un turismo en Melide). Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro rexistrouse na mañá deste xoves na N-547, aproximadamente no quilómetro 47 da estrada contra as dez e media mañá.
Os bombeiros tiveron que liberar unha persoa que se atopaba atrapada nun dos vehículos e que tivo que ser evacuada a un centro hospitalario en helicóptero. Trataríase do condutor dun dos camións implicados no sinistro que, segundo informou a Garda Civil, está en estado grave. Ademais hai dous feridos leves, que viaxaban no turismo.
O accidente produciuse cando o coche freou. O camión que ía detrás puido frear a tempo, pero non o segundo, que acabou provocando o choque en cadea.