Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor abandona o coche despois de quedar suspendido nunha cuneta en Negreira

Un condutor abandona o coche despois de quedar suspendido nunha cuneta en Negreira

O vehículo saíu da vía de madrugada na estrada do Marco do Cornado

A policía localizou o presunto condutor e non ten permiso de conducir

G24.gal 28/05/2026 13:40

A imaxe é impactante. Tanto, que chamou a atención dos particulares que deron a voz de alarma. Había un coche encaixado na cuneta da estrada que une Negreira co Marco do Cornado. Por motivos que se descoñecen, o condutor saíra da vía durante a madrugada do mércores, xusto antes dunha curva con cambio de rasante. O máis sorprendente é que fuxiu do coche sen dar conta do sucedido. 

A Policía Local buscouno por se quedara ferido pola zona, pero non houbo éxito. Finalmente lograron localizalo pola matrícula, e tratábase dun veciño de Negreira. Nun primeiro momento asegurou que alguén lle roubara o coche e tiña pensado denuncialo. Despois, segundo fontes da investigación, cambiou a versión e dixo que era el quen conducía o coche no momento do accidente. 

O vehículo, agora no depósito municipal, ten o seguro e a ITV en regra, pero o presunto condutor non ten permiso de conducir. Nunca o sacou, nin aquí nin no seu país de orixe. Por iso, agora está chamado a un xuízo rápido en que o acusan dun delito contra a seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade