Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Levaron un anel de cando tiñamos 18 anos e o ouro que me foi regalando, que me gustaba"

"Levaron un anel de cando tiñamos 18 anos e o ouro que me foi regalando, que me gustaba"

Asaltan unha vivenda en Vigo e lévanlle as xoias de ouro, valoradas nuns 12.000 euros

No edificio había máis portas marcadas con tiras de silicona, como posibles obxectivos

 

G24.gal 28/05/2026 14:39

Foi o peor final dun día de praia. 

"Fun ao cuarto cambiarme e xa vin as xoias tiradas, bixutería da muller, e chameina e xa vimos unha caixa de seguridade que temos caseira, que era onde ela tiña todo o ouro", explica Fernando Vilanova, a vítima do asalto.

Foron a tiro fixo.

"Tiña neste moble os aneis e pendentes de ouro que poño a diario, e o demais deixárono todo tirado, e despois estaba esta caixa de seguridade que é onde tiña todo gardado nas súas caixiñas", engade María Luisa Vázquez, a muller.

"Ouro só, nin os reloxos, que teño un par deles bos, nin o portátil".

Uns 12.000 euros entre xoias e algo de cartos en efectivo.

"Entre as caixiñas de ouro tiña un sobre con moedas antigas dunha peseta e así e no medio algo de cartos para as miñas cousas. Os antigos non os levaron", di María Luisa.

Doe no económico, pero máis aínda no emocional. Levaron a colección que contaba a historia de máis de 50 anos xuntos.

"Tiña un anel que a miña filla maior sempre me pediu que llo pasase e era anel de cando tiñamos 18 anos", lamenta a muller.

Un inventario difícil de compilar. Para identificar as xoias na policía tiraron de álbum familiar, dos eventos en que ela luciu os seus pequenos tesouros.

"A típica pulseira ríxida e algunhas máis, colares con xemas verdes que a min me encantaban. Esas cousas que nos fixeron ilusión, que a min me encantaban e que pouco a pouco me ía regalando o meu home", conta agradecida.

O que si lles levaron foi algo moito menos material.

"Eu xa non quero nada". "Que invadan a intimidade da túa casa", coinciden en lamentar.

Tocoulles a eles, pero no mesmo edificio había varias portas marcadas con tiras de silicona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade