Publicador de contidos

Publicador de contidos

A moza que acusa a Rafa Mir asegura que a agrediu sexualmente dúas veces

A moza que acusa a Rafa Mir asegura que a agrediu sexualmente dúas veces

Na primeira sesión do xuízo na Audiencia de Valencia a vítima dixo que cando o futbolista a retivo lle custaba respirar

O fiscal pide para Mir dez anos e medio de cadea por agresión sexual e lesións 

Para o seu compañeiro Pablo Jara, denunciado pola outra moza, pide tres anos de cadea

Os acusados negan calquera agresión e as súas defensas piden a absolución, porque aseguran que as relacións foron consentidas

 

EFE / BielAlin
G24.gal 28/05/2026 14:53 Última actualización 28/05/2026 17:44

A apertura do xuízo contra o futbolista Rafa Mir levantou un gran rebumbio mediático este xoves ás portas da Audiencia de Valencia. 

O xogador e o seu compañeiro Pablo Jara, tamén futbolista, sentan no banco dos acusados por uns feitos ocorridos en 2024 no seu chalé de Bétera, cando Mir xogaba no Valencia. Quen os acusa son dúas mozas ás que coñeceran previamente nunha discoteca

A primeira en declarar este xoves, protexida por un biombo, relatou como Mir a agrediu sexualmente dúas veces, unha na piscina e logo nun baño. Como xa declarara durante a instrución, asegura que, malia que ela se opoñía, o xogador seguíaa tocando por todo o corpo e que lle intoduciu os dedos na vaxina. O fiscal pide para o actual xogador do Elx dez anos e medio de cadea e 74.000 euros de indemnización polos delitos de agresión sexual e lesións. 

Pablo Jara está denunciado pola outra moza. A Fiscalía solicita tres años de prisión para el tamén por agresión sexual e lesións. Un veciño que tamén testificou esta mañá confirmou que viu as mozas no exterior da casa, unha delas medio espida, pedindo que lles devolvesen as súas pertenzas. Segundo as propias vítimas, acabáronllelas tirando por riba do valo da casa.

Os acusados negan calquera agresión e as súas defensas piden a absolución, porque aseguran que as relacións foron consentidas

Os feitos xulgados ocorreron no chalet de Mir en Bétera no ano 2004, cando o futbolista xogaba no Valencia Os feitos xulgados ocorreron no chalet de Mir en Bétera no ano 2004, cando o futbolista xogaba no Valencia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade