Detido un home por agredir sexualmente unha muller nun autobús en Santiago
A agresión foi perpetrada o pasado domingo cara ás 20:30 horas nun autobús urbano por un individuo que, ao decatarse de que só había unha pasaxeira, dirixiulle "comentarios obscenos" e a continuación fíxolle "tocamentos por todo o seu corpo", sinala a Policía nun comunicado
Un home denunciado por unha agresión sexual nun autobús urbano da capital galega foi detido, informou este mércores a Policía. A agresión foi perpetrada o pasado domingo cara ás 20:30 horas nun autobús urbano da capital galega por un individuo que, ao decatarse de que só había unha pasaxeira, dirixiulle "comentarios obscenos" e a continuación fíxolle "tocamentos por todo o seu corpo", sinala a Policía nun comunicado.
A vítima logrou zafarse e solicitou axuda ao condutor do autobús, que lle prestou auxilio e alertou a Policía, pero o agresor fuxiu. Axentes da Policía Nacional e Local acudiron rapidamente e lograron identificar e localizar o autor da agresión nas inmediacións, que foi detido e posto posteriormente a disposición das autoridades xudiciais.