Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido o tripulante dunha dorna tras colidir cun pesqueiro en Cambados

Ferido o tripulante dunha dorna tras colidir cun pesqueiro en Cambados

O accidente aconteceu na entrada da ría

Segundo a Garda Civil, o pesqueiro pasou por riba da dorna causándolle feridas ao tripulante, un varón de 60 anos

G24.gal 13/05/2026 11:18 Última actualización 13/05/2026 20:15

Accidente marítimo en Cambados. Unha dorna chocou contra un pesqueiro á entrada da ría contra as 10:09 da mañá deste mércores por causas que se descoñecen. Segundo AXEGA, o tripulante da embarcación máis pequena resultou ferido tras recibir o impacto do buque.

O ferido, un varón de 60 anos, foi trasladado ao porto de Tragove e, posteriormente, evacuado en ambulancia ao Hospital do Salnés. Pola gravidade das feridas foi preciso o seu traslado ao hospital de Montecelo, en Pontevedra. 

Ata o lugar do sinistro trasladáronse efectivos da urxencias sanitarias do 061, a Policía Local de Cambados e a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade