Publicador de contidos

Publicador de contidos

O barre, a disciplina de adestramento que fusiona o pilates e o fitness co ballet clásico

O barre, a disciplina de adestramento que fusiona o pilates e o fitness co ballet clásico

Emprégase a barra de ballet para facer os exercicios, aptos para todas as idades  

TVG
G24.gal 20/11/2026 21:01

Semella unha clase de ballet pero neste estudio da Coruña impártese unha disciplina que vai máis aló: o barre.

"Úsase a barra de ballet como apoio para facer eses exercicios de barre que son con posicións de fitness e da danza clásica tamén", explica Cristina Amor, coordinadora de barre en Casa Sana Studio. 

Adestramento físico de baixo impacto e movementos controlados que simulan unha coreografía.

"Cara a metade da clase no chan que son exercicios da base do pilates. Ao final a aliñación e a colocación é esa parte rehabilitadora que ten o pilates", engade Cristina.  

Amais da actividade física, quen o practica destaca que favorece a concentración.

"Pensas só no deporte, no que estás facendo e, básicamente, non caer; facelo ben; concentrarte na música; desconexión e, obviamente, saúde".

"Vitalidade, esforzo físico e afástame do traballo".

Unha disciplina, dinnos, apta para públicos de todas as idades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade