Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os exercicios de forza non frean o crecemento durante a etapa da adolescencia

Os exercicios de forza non frean o crecemento durante a etapa da adolescencia

Os beneficios físicos e emocionais do adestramento nesta etapa están probados, pero debe facerse baixo a supervisión de profesionais

G24.gal 09/05/2026 21:03

O ximnasio tamén é para os adolescentes. Afírmao a evidencia científica, en contra da falsa crenza de que facer exercicios de forza a estas idades pode frear o crecemento. Iso si, o adestramento está recomendado sempre baixo a supervisión de profesionais da actividade física.

Os que levan anos suando no ximnasio confirman a tendencia. Os adolescentes xa non son fabas contadas nas salas de musculación.

" Vén moita mocidade, sobre todo nas fins de semana, cando non teñen clases", comenta un asiduo a un ximnasio da Coruña.

Adoitan adestrar en grupo, movidos por obxectivos estéticos e tamén de saúde.

"Os rapaces decatáronse de que é importante facer exercicio, que non todo é xogar á Play Station ", explica Delio Arias, un dos responsables do CSC Coruña Sport Centre.

Pero velos traballando a forza na zona de pesas ou nas máquinas aínda provoca receo porque durante moito tempo este tipo de exercicios. asociouse a problemas de crecemento. A evidencia científica apunta ao contrario.

"Non é que poidan, senón que deben facer exercicios de forza porque vai mellorar a súa  saúde, na súa adolescencia e tamén no futuro", salienta María Rúa, investigadora do Performance and Helth Group da Universidade da Coruña.

O adestramento de forza na adolescencia aumenta densidade ósea e fortalece músculos e tendóns, pero ademais e reporta beneficios emocionais e sociaos. Debe ser, iso si, un adestramento progresivo, planificado e supervisado por monitores cualificados.

"Temos que ir pouco a pouco, xestionando as cargas e progresando de forma paulatina, intentando mover grandes grupos musculares ", detalla.

A OMS recomenda adestrar a forza tres días á semana, tamén na infancia e na adolescencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade