Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos os dous autores de sete roubos en coches e no instituto da Sardiñeira na Coruña

Detidos os dous autores de sete roubos en coches e no instituto da Sardiñeira na Coruña

Os arrestados cometeron oito roubos con forza na mesma fin de semana do 16 e 17 de maio na cidade herculina 

TVG TVG
G24.gal 26/05/2026 18:19

A Policía Nacional detivo na Coruña un home e unha muller como supostos autores de varios roubos con forza cometidos na cidade durante os últimos días, un deles xa está en prisión provisional.

O 091 informou este martes de que a pasada fin de semana do 16 e 17 de maio houbo un incremento de roubos no interior de vehículos estacionados en garaxes das rúas Víctor López Seoane, San Vicente e a avenida de Arteixo-Vioño, uns feitos que xeraron alarma social entre os veciños da zona.

Todos estes roubos, en total sete, producíronse mediante a fractura de ventás dos vehículos, logrando subtraer diferentes obxectos do interior dos automóbiles.

Roubo tamén no instituto da Sardiñeira 

As investigacións tamén permitiron determinar que os detidos cometeran, esa mesma fin de semana, un roubo con forza no instituto da Sardiñeira.

Neste caso, conseguiron acceder ao interior de dous edificios educativos tras fracturar unha fiestra e forzar posteriormente varias portas e despachos de billetes. Ademais, lograron entrar na cafetería do centro e roubar 200 euros da caixa rexistradora.

A investigación da Policía Nacional permitiu identificar os supostos autores de todos os roubos relatados, un home e unha muller que actuaban de xeito conxunto. Ambos foron localizados e detidos na zona da Sardiñeira o pasado 21 de maio.

Tras pasar á disposición xudicial, decretouse o ingreso en prisión para un deles o pasado venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade