Cargando resultados...
Operación contra o tráfico de marihuana nunha nave de Teo
Axentes de Aduanas rexistran unhas instalacións en Montouto
Dispositivo de Aduanas nunha nave de Teo (TVG)
G24.gal
26/05/2026 18:50
Axentes de Aduanas rexistraron desde o mediodía deste martes unha nave en Teo nunha operación contra o tráfico de marihuana. Polo momento non transcendeu información oficial sobre este operativo, que tivo lugar nunhas instalacións situadas no lugar de Montouto, na parroquia de Cacheiras.
Algunhas testemuñas apuntan que viron os axentes sacar da nave plantas de marihuana e outros obxectos.