Publicador de contidos

Publicador de contidos

A hamburguesa, comida rápida ou produto gourmet

A hamburguesa, comida rápida ou produto gourmet

Entre denigrada e adorada, é un dos pratos máis consumidos no mundo

As dúas mellores hamburguesas de España están en Galicia, elaboradas con produtos de KM0

Esta hamburguesa elaborada no Bágoa Gastrobar de Ourense, obtivo o primeiro posto no Best Burguer Spain
G24.gal 28/05/2026 14:48

É a Saborosa. Elabórase en Ourense e foi elixida este ano a mellor hamburguesa de España. Pan brioche tostado en manteiga, cebola en cru, queixo afumado, porco celta e carne de boi, ingredientes para un xantar de alta cociña.

"De feito hai moitos restaurantes que fan moita fusión da hamburguesa tradicional americana con produtos galegos como os pementos de Padrón, os chicharróns", apunta unha rapaza

A innovación e a calidade entraron no mundo das tan cuestionadas hamburguesas.

 "Tíñase unha idea de que eran os restos, os recortes que quedaban do carniceiro. Agora non, agora tes que traballar unha carne nobre", explica Gloria Costa, xerente e propietaria da carnicería Chelo & Muñico

Ata 200 variedades de hamburguesas distintas chegaron a elaborar nesta carnicería e só con croca e picaña.

"A picaña é unha peza que contén un pouco de índice de máis de graxa e recomendámola máis para facer á grella", engade

"Se é carne con graxa no seu equilibrio perfecto, pois ten un valor nutricional estupendo", conta o restaurasdor Lois Lopes.

Con máis dun século de existencia, a hamburguesa é unha das comidas máis consumidas en todo o mundo. 

"Unha vez por semana máis ou menos, cae fixo"

"Si, á semana algunha sempre como, si", comentan varios rapaces

Con todo esta icónica comida ten tamén os seus detractores

 "A min non me gusta a hamburguesa, non a quero, non a quero. Temos un país cunha gastronomía marabillosa, non hai máis", conclúe unha señora

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos