Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortiza galega para viños de toda España

Cortiza galega para viños de toda España

En Ribadavia está a única fábrica galega de rollas, onde personalizan os tapóns para as distintas marcas

A cortiza garante a óptima conservación do viño embotellado

G24.gal 28/05/2026 09:32

A historia da única fábrica galega de rollas arrinca hai sesenta anos, da man dun emigrante de Portugal, o principal produtor da cortiza mundial. Hoxe en día, desta fábrica de Ribadavia saen vinte e cinco millóns de rollas ao ano, para todas as zonas vitícolas galegas e do resto de España.

"A situación fai que poidamos colocar o noso produto en 24 ou 48 horas despois de recibir un pedido sen problema", explica Xacobe Ribeiro, terceira xeración da fábrica.

Personalizan un a un cada tapón, as cabezas a lume e o corpo con pranchas impregnadas en tintas alimentarias.

"Partimos do máis baixo, que é aglomerado feito con labra natural, a grandes cortizas naturais, que é a extracción da cortiza dunha sobreira", di Xacobe.

Cada cortiza cústalles ás adegas entre 7 e setenta céntimos, pero hainas de ata tres euros. A calidade da cortiza é un valor engadido na conservación do viño.

"É unha materia viva. E cando o metes no viño, que é un produto vivo, dáslle vida ao produto", asegura Francisco Ribeiro de Almeida, segunda xeración da fábrica.

Na fábrica conservan aínda as primeiras máquinas, testemuñas da artesanía dun oficio tan vinculado á terra como o propio viño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade