Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontón reivindica o papel do sector vitivinícola na loita contra os incendios

Pontón reivindica o papel do sector vitivinícola na loita contra os incendios

A líder nacionalista reclama un fondo plurianual para os concellos sometidos a un maior risco de incendios

G24.gal 04/07/2026 14:36 Última actualización 04/07/2026 17:17

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou o papel clave do sector vitivinícola para afrontar dous problemas importantes que sofre o territorio galego: o despoboamento e os incendios forestais.

"É un sector clave para loitar contra dous problemas moi importantes que temos no noso país: o despoboamento e os incendios que vemos que cada ano son máis virulentos".

No Festival do viño da Ribeira Sacra, que se celebra ata este domingo en Monforte de Lemos, a líder nacionalista apostou por un novo modelo forestal e por un rural vivo.

"Sabemos que un rural vivo non se pode entender sen o sector vitivinícola, que é clave para fixar poboación e manter coidado o noso medio natural; que ademais xera emprego e riqueza".

Reclamou a limpeza e ordenación do monte aportando recursos, cun fondo plurianual de prevención para concellos e axudas ás explotacións agrogandeiras en zonas de alto risco de incendio.

Ademais, propuxo a elaboración dunha Lei do viño de Galiza para aproveitar o potencial do sector e recuperar as mesas profesionalizadas como vía de diálogo coa administración.

Do mesmo xeito, amosouse partidaria do establecemento de contratos homologados entre profesionais da produción e da transformación para garantir uns prezos xustos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade