Cargando resultados...
Vinte e sete adegas participan no festival do viño da Ribeira Sacra que se celebra en Monforte
É un certame que xa vai pola oitava edición e no que están presentes as subzonas que conforman a denominación de orixe
A mostra permite degustar os viños, en catas guiadas por expertos
G24.gal
04/07/2026 18:12
A calor non desanima á hora de gozar dos postos do Festival do Viño de Monforte, situado no paseo do Malecón e no que participan 27 adegas da Ribeira Sacra.
A paisaxe está moi presente na elaboración destes viños.
O certame ofrece a posibilidade de profundizar na esencia destes viños, mediante unha cata guiada.
Unha oportunidade de degustar viños da Ribeira Sacra, que se mantén toda a fin de semana en Monforte.