Petiscos IKFEM en Tomiño e Salvaterra
Concellos do Baixo Miño, como Tomiño e Salvaterra, estarán conectados pola música, a literatura e o Patrimonio
Toda unha experiencia enograstronómica e musical que pretende tender pontes a un e outro lado da raia
O Festival IKFEM celebrarase en Tui e Valença do 16 ao 19 de xullo
O lugar elixido para desfrutar desta experiencia son estes viñedos de Altos de Torona. Petiscos IKFEM é a antesala dun festival internacional que busca dinamizar o territorio tendendo pontes a un e outro lado do Miño.
As raíces deste festival e das súas xentes sempre estiveron bañadas polas augas deste río Miño, as encargadas de perfilar as capacidades culturais e económicas dos raianos. Viñedos con historia coma este, de 94 hectáreas onde producen case o 100% de Albariño.
Nestes petiscos do festival, que se celebrará a mediados de xullo en Tui e Valença, quixeron incluír a máis concellos da raia, para visibilizar todo o seu potencial. Falamos de Tomiño pero tamén Salvaterra.
Un amplo programa para un festival que se celebrará do 16 e o 19 de xullo. Neste pequeño adianto tampouco faltou a música, jazz da man de ML Quartet. O vindeiro sábado nas adegas Fillaboa de Salvaterra será a quenda da soprano Laura Molina e a pianista Paula López Atanet.