Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cidade de Ourense alcanza os 37,5 graos de temperatura, a máxima de Galicia

A cidade de Ourense alcanza os 37,5 graos de temperatura, a máxima de Galicia

Na provincia de Lugo o municipio onde máis calor se rexistrou foi Monforte de Lemos, con 36,5 graos

En 48 horas experimentarase un descenso de temperaturas na maior parte de Galicia

Europa Press (Arquivo) Europa Press (Arquivo)
G24.gal 27/05/2026 17:45

A cidade de Ourense rexistrou na tarde deste mércores a temperatura máxima de Galicia, ao alcanzar os 37,5 graos ás 15:40 horas, segundo os datos de Meteogalicia.

Así mesmo, producíronse valores similares noutros municipios da provincia, como A Arnoia e Leiro, onde se chegou a 36,4 graos.

Na provincia de Lugo o municipio onde máis calor se rexistrou foi Monforte de Lemos, con 36,5 graos.

Aínda que na xornada do xoves se esperan temperaturas similares ás alcanzadas este mércores, Meteogalicia sinala que en 48 horas se experimentará un descenso na maior parte de Galicia, máis acusado na metade norte do territorio e tamén nalgunhas comarcas das Rías Baixas pola posible presenza de brumas en varias zonas do litoral galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade