Publicador de contidos

Publicador de contidos

Algúns medicamentos agravan os efectos da vaga de calor no corpo

Algúns medicamentos agravan os efectos da vaga de calor no corpo

Poden aumentar a temperatura corporal ou favorecer a deshidratación

Ademais, moitos fármacos perden efectividade se non se protexen das altas temperaturas

G24.gal 13/08/2025 14:24

Moitos medicamentos de uso común poden facer que levemos aínda peor os días de calor abafante. Un exemplo son os diuréticos, que favorecen a deshidratación cando máis agua precisamos. 

"Hai que beber moito e ser constantes na hidratación, aínda que non se teña sede. Tamén hai outros medicamentos como os antihistamínicos que interfiren na regulación da temperatura corporal, ou analxésicos como o Tramadol, que aumentan aínda máis a temperatura do corpo cando xa temos moita calor", explica Margarita Muñoz de la Llave, farmacéutica en Carballo.

Ademais, moito ollo se na caixa aparece un pictograma cunha nube e un sol dentro dun triángulo vermello, porque terán que protexer a pel máis ca nunca.

"Indica que son medicamentos asociados á fotosensibilidade. Se os tomamos e nos poñemos ao sol poden producir manchas ou alerxias. Por iso é fundamental botar fotoprotección e renovala varias veces ao día".

No verán tamén é fundamental ser coidadosos coa conservación. Calcúlase que uns 7.500 preparados perden eficacia ou seguridade coas altas temperaturas, especialmente os que non son pastillas.

"Supositorios, óvulos e cremas son moi sensibles. No caso das cremas poden separarse as fases, nese caso non serían aptas para o consumo".

Mención á parte teñen os fármacos que precisan frío. Moito ollo ao levalos de vacacións, sempre en neveira portátil. E en caso de dúbidas, ler ben o prospecto, un costume moi san que pouca xente practica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade